Páxinas

lunes, 12 de enero de 2015

Facemos actividades con iPads

Esta sesión leva o nome de CAMERINO porque mostra a parte de interna da posta en práctica de actividades.
Para ela, dende a asesoría TIC do CFR de Vigo fixemos unha selección de aplicacións basándonos en criterios de accesibilidade, linguaxes máis alá do texto e creatividade.
Premendo na imaxe tedes información e enlaces a cada unha delas:


Vos deixo o vídeo que mostra a tarefa na que nenos e nenas de 5 anos teñen que explicar cómo fixeron unha composición creativa, sonora e visual sobre unha constelación inventada. Este vídeo conta o proceso enteiro: as actividades e as aplicacións utilizadas.


Agora é o voso turno, tedes que deseñar unha actividade na que utilicedes algunha das aplicacións da sesión de hoxe e levala a cabo cun grupo. Despois analizaremos xuntas cómo foi.

Ánim, que seguro que o voso alumnado fai unhas cousas súper chulis!!!

Vos poño aquí o enlace ao Proyecto Guappis para que podades buscar máis aplicacións e exemplos de uso na aula.

Ah, por certo, vos deixo o documental etnográfico sobre Nanut, o esquimal. A partir do minuto 32 podedes ver cómo constrúe un iglú mentres os seus fillos na neve.


No hay comentarios:

Publicar un comentario